CIUDAD

O Concello promete máis vixilancia ante a 'okupación' de parques do centro

pazimg_2900_121_result
photo_camera As zonas máis afectadas están na Alameda, no Posío e nun parque infantil da rúa Concello. (JOSÉ PAZ)

Nunha acción motivada polas queixas veciñais, a Policía "intensificará e coordinará a vixianza" en zonas como a Alameda, o Xardín do Posío e o parque infantil da rúa Concello

"As forzas e corpos de seguridade intensificarán e coordinarán a vixiancia que xa veñen realizando con regularidade en zonas nas que se rexistran queixas reiteradas por parte dos veciños da cidade". Esta foi a conclusión da reunión celebrada esta mañana no Concello, organizada tralo notable deterioro da convivencia en zonas do centro urbán, debido a 'okupacións' de parques.

Neste encontro de traballo fixáronse tres zonas de especial interese para intensificar esa vixiancia, dadas as queixas veciñais transmitidas: o parque infantil da rúa Concello, a Alameda e o Xardín do Posío. Ademais, tamén se avaliaron as actuacións levadas a cabo nestas zonas, así como as chamadas de veciños recibidas ao respecto.

Aparte de fixar esta coordinación e intensificar a vixiancia, na reunión tamén se estableceu que esta reunión producirase cada mes para avaliar a evolución da mesma.

Na reunión estivero presentes o alcalde, Jesús Vázquez; o subdelegado do Goberno, Roberto Castro; o comisario provincial do Corpo Nacional de Policía, Antonio Álvarez Valencia; a intendente xefe da Policía Local, María Barrera; e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Carlos Campos.

Te puede interesar