A Deputación de Ourense acada un plan para protexer recursos termais

QUINTELA DE CANEDO 3/10/2019.- Surgencias termales en el subsuelo de Quintela. José Paz
photo_camera Surgencias termales en el subsuelo de Quintela. José Paz
A Diputación de Ourense que preside Luis Menor recibirá 189.000 euros para un proxecto sobre o cambio climático

A Deputación de Ourense o participa nun proxecto para previr os efectos do cambio climático nos recursos termais. A entidade provincial é unha das beneficiarias do programa ThermEcoWat, que prevé desenvolver accións transversais entre científicos, institucións públicas e actores económicos para achegar ferramentas de gobernanza colaborativa que melloren a coordinación no uso das fontes termais. Xunto á Deputación son socios deste proxecto colectivos termais de España, Francia e Portugal. Ademais, o Inorde é unha das catorce entidades asociadas ao proxecto.

Dun proxecto que ten un orzamento total de 2.028.076 euros á Deputación correspóndenlle 189.999 euros, dos cales 142.499 son investimento de fondos FEDER para promover unha xestión hídrica sostible neste sector estratéxico para a provincia.  

“Os obxectivos son poñer en valor e protexer o recurso hídrico termal, mellorar a resiliencia das comunidades termais e mellorar tamén a gobernanza colaborativa dos ecosistemas socioeconómicos vencellados coa explotación de fontes termais, especialmente como catalizadoras de desenvolvemento rural e creación de emprego”, resumen desde a Deputación, que preside o popular Luis Menor.

Te puede interesar