Ferido grave despois de caerlle enriba unha lousa cando limpaba un nicho en Trives

O imponderable produciuse no cemiterio de Cova, en Poboa de Trives, cando unha familia da zona realizaba tarefas de limpeza a acondicionamento nun nicho. Ao home, de 50 anos de idade, segundo informaron os servizos de emerxencia do 112, véuselle enriba unha lousa. Apenas dispuxo de marxe para apartar e quedou ferido de carácter grave nunha perna.
Arredor das 14.15 horas foi alertado o 112, que á súa vez reclamou a presenza dunha patrulla da Garda Civil, os servizos do 061 e unha dotación de Protección Civil. Dada a gravidade que presentaban as feridas do home, alertouse asemade ao helicóptero do 112 con base en Ourense para realizar o traslado. O helicóptero dirixiuse ata o aeroporto de Vigo, onde unha ambulancia recolleu o ferido e conduciuno ao Hospital Povisa.

Te puede interesar