Presidente da Confederación Hidrográfica de Galicia

Francisco Fernández Liñares: ‘Se as depuradoras tiveran que estar lonxe de vivendas, toda Galicia estaría sen saneamento’

Ilusionado e ‘a gusto’. Así define o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Fernández Liñares (Dumbría-A Coruña, 1950), o seu labor neste cargo despois de deixar a Concellería de Urbanismo en Lugo. O gran obxectivo que se marca dende este organismo é acadar o saneamento total en Galicia e converxer deste modo coa normativa europea cara o ano 2015, data ‘tope’ para este fin.
Oito meses despois do seu nomeamento ao frente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, cal é o balance?

Definiría estes meses como apasionantes e, dende logo, con resultados.Trala oficina, creada nova e con servizos, estamos procedendo a nomeamentos de persoal. Estamos a iniciar a velocidade de crucero, porque é o primeiro ano con presuposto propio. No administrativo xa se ven certos frutos.

A cánto ascende ese orzamento e cales son as prioridades fixadas para a provincia?

O de este ano ascende a 140 millóns de euros. Aí incluimos a anualidade correspondente aos grandes proxectos plurianuais de infraestructuras en Galicia. Aí metemos o saneamento de cidades coma Ferrol, A Coruña, Santiago, Lugo e Ourense. Logo está o capítulo I e II, moitos máis pequenos, porque o persoal non é tan amplo. Temos ao redor de 200 persoas, polo que para o orzamento que é, tampouco é tanta xente. Temos pendente a depuradora e en marcha tres obras de colectores (Ponte Novo-Balneario; Vinteún-Ponte Novo e Eirasvedras-Tarascón), que están en execución por 24 millóns e son máis de 10 kilómetros en colectores. Estas obras porán á cidade de Ourense coas infraestructuras hidráulicas de saneamento das máis importantes de Europa.

Que pasos haberá que dar para solucionar o problema do saneamento?

O problema radica na dispersión da poboación. O saneamento nas cidades non é complexo aínda que si costoso, pero é facil, ao contrario que nos núcleos rurais. Para eso se firmou un protocolo entre o Ministerio e a Consellería de Medio Ambiente que ten un orzamento de máis de 850 millóns de euros e que vai dar resposta de aquí a 2015 a tódalas necesidades de saneamento en Galicia.

Como valora a recente sentencia xudicial que anula a ubicación da futura depuradora de Ourense?

O primeiro de todo é que respectamos por riba de todo a sentencia. Pero como non é firme e está recurrida polo Concello, nós decidimos continuar cos trámites administrativos, porque son largos. O encargo da redacción do proxecto, valorado en cerca de 300 millóns de euros, remitiuse a semana pasada ao Diario das Comunidades Europeas, como así o estipula a lei, e logo o remitiremos ao Estado. Cando a sentencia sexa firme, tempo haberá de acatala. A depuradora é de enorme nece sidade e nun sitio ten que estar, porque Ourense non pode quedar sen depuradora. Ademáis, a norma do Raminp (o reglamento de actividades molestas, nocivas e perigosas) está derogada en Galicia, precisamente pola dispersión da poboación. Se hai que respectar os dous kilómetros de radio sen vivendas, anularíase todo o saneamento galego. E se a sentencia se basa en futuras molestias da depuradora, non é certo, porque as novas tecnoloxías dan outras garantías.

Cales son os prazos estimados para o remate desta infraestructura?

Só da tramitación (elaboración do proxecto, declaración de impacto ambiental e publicacións en boletíns), falamos dun ano. Despois as obras se prolongarían por dous anos e medio, se a sentencia non se convirte en firme.


Segue en pé o proxecto de construir unha nova sede para a Confederación Hidrográfica?

A previsión é crear un novo edificio. De feito, nos presupostos temos partida para elo. Hai un compromiso co Concello polo que nos oferta dous solares, un nas inmediacións do Paco Paz, con 9.000 metros cadrados e outro de 10.000 metros cadrados na Ronda Bulevar. De feito, o alcalde de Ourense e máis eu temos que quedar un día para ir a mirar eses terreos.


En que basa o organismo de conca o seu traballo diario?

A competencia natural das confederacións hidrográficas é a protección e xestión do dominio público hidráulico. Aquí incluimos concesións de augas, permisos de vertidos, modificacións urbanísticas, cobros de tasas, permisos de paso de liñas eléctricas ou pontes sobre regatos. Todo eso ten unha gran carga administrativa, que é a que leva a comisaría de augas. A dirección técnica leva as grandes obras, mentras que a secretaría xeral serve a todos e, por último, a Oficina de Planificación Hidrolóxica fai os plans hidrolóxicos e estudos de auga.

Como está a chamada ‘cultura da auga’ en Ourense?

A directiva marco europea 60/2000 está influindo positivamente na concienciación e no respeto pola nosa auga. É certo que Galicia, por ter tido sempre unha gran riqueza hidrolóxica, non educou nese respeto. Pero tamén é verdade que os alcaldes teñen a teima de abrir os pobos cara o río, de mellorar os seus entornos e eso é moi significativo. Os ríos son pantalla onde se mira moita xente. De feito, agora para tirar algo a un río temos tres tipos de policía para velar pola calidade: o Seprona, a Autonómica e a Gardería Fluvial da Confederación. E eso nótase, non cabe duda. A vixiancia e a concienciación da sociedade contribúen a cambiar positivamente a situación.

Cal é a situación desas infraccións?

Non podemos falar de culpables, senón de responsables. Estase a vixiar moito, pero mentres as cidades cumpren mellor, hai pobos e aldeas que aínda non teñen depuración e son os problemas máis graves. Por eso está o protocolo do que falei antes. En tres, catro ou cinco anos, non quedará lugar en Galicia sen sanear.

É ese o gran obxectivo que está marcado?

Sen dúbida: que no 2015 Galicia converxa con esa norma europea, e eu creo firmemente que o imos conquerir. Onde está máis dispersa a poboación é onde máis custará converxer, como a parte de Lugo e a montaña de Ourense. A zona do Bierzo, por exemplo, está totalmente saneada.


Algún proxecto en mente?

Temos sempre obras vinculadas á restauración de ribeiras e limpezas. É unha tarea permanente aparte das grandes obras. Temos pendente o tema das pizarreiras, onde hai proxectos xa rematados cun antigo convenio que temos que revisar e estou pendente de reunirme co sector, en Valdeorras (a cita será mañá, segundo confirmou a entidade onte).


Cal é o principal ‘pecado’ que comete a provincia?

Os vertidos dos concellos pequenos. Moitos teñen pequenas potabilizadoras que non funcionan ben e non cumplen coas normas esixidas hoxe en día.

Te puede interesar