A Plataforma Sí anima os veciños a loitar contra a planta da Xunta

Membros da directiva da Plataforma Sí Parque Ambiental celebraron a primeira das reunións parroquiais pola comarca do Ribeiro, concretamente no centro social de Francelos, no municipio de Ribadavia. O alcalde, Marcos Blanco, presentou o acto, subliñando que 'os mesmos que se opuxeron a un poligono de industrias de reciclaxe, hoxe mesmo aprobaron no Consello da Xunta unha modificacion do plan de residuos para facer unha planta para almacenar todo o lixo do sur de Galicia e unha incineradora'.
O rexedor de Ribadavia engadiu que 'o PP antes creou unha mentira, e agora teñen a cara de construir eles unha incineradora que será no Ribeiro, pero son tan cobardes que non din en qué concello da comarca a queren facer'. O alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia, destacou a importancia da reciclaxe como sector industrial de futuro, tal e como se fai noutros países de Europa. 'Pero nin se enterra nin se queima o lixo como pretende facer aquí o goberno do PP da Xunta', indicou.


VISITA

Así, Milia adiantou que continuará co proxecto de instalacion de industrias de reciclaxe que creen emprego limpo, 'xa que é unha competencia que poden realizar os concellos por si mesmos e poderemos facer o poligono sen a Xunta'. O presidente da Plataforma,Miguel Fidalgo, relatou a visita que 40 veciños da comarca fixeron ó Parque tecnológico de reciclaxe de Zaragoza, para coñecer cómo son estas industrias, 'que desenrolan unha actividade económica potente e de forma limpa,sen afectar ó medio ambiente'. Os integrantes da Plataforma animaron ós veciños de Francelos a loitar contra a construcción da planta de recollida e queima de lixo que propón a Xunta: 'Non a permitiremos nin aquí nin nos arredores'.

Te puede interesar