Conselleiro de Medi Rural

SAMUEL JUÁREZ: ' Fai falta vixilancia debido a que os lumes son intencionados'

Samuel Juárez, conselleiro de Medio Rural (Foto: J.P.)
A alta actividade incendiaria que calcina hectáreas nos montes de Ourense xa deixou por terceiro día consecutivo un denso manto de fume na provincia. Tan só o domingo, según o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, estiveron activos en Ourense 150 lumes, declarándose nas dúas últimas xornadas tres grandes incendios (de máis de 500 hectáreas) na provincia, os tres primeiros do ano.
Os brigadistas, ante a situación que vive o monte en Ourense, falan de descontrol. ¿É así?
Dende que empezou outubro temos unha incidencia da actividade incendiaria moi superior ao que sería normal, por dicilo dalgún xeito. Estamos preocupados xa que agora mesmo as condicións, pola seca, son peligrosas e detrás desta vaga de lumes existe unha clara intencionalidade. O lume rexístrase en lugares de moi difícil acceso para a extinción e hai moitos incendios de noite, para facer dano, e iso non é casual. Estamos ante un problema grave de delincuencia e orde público.

¿Qué habería que facer para acabar con esta actividade delictiva?
Dado que é evidente que existe unha clara intencionalidade detrás dos lumes, cómpre reprimila. Pedínlle xa ó delegado do Goberno, por carta, máis colaboración. Boto de menos que se mellore a vixilancia (en referencia aos corpos e forzas de seguridade). Hoxe mesmo (por ayer), a zona de Manzaneda rexistrou xa novos focos de lume, claramente intencionados, nunha zona de antenas.

Que agora temos o dobre de medios para loitar contra os lumes forestais que os que corresponderían a esta época do ano se temos en conta os medios que establece o Pladiga -Plan de loita contra os incendios forestais- para cada época do ano. É certo que se replegou parte do dispotitivo en setembro, pero cando vimos que non entraban borrascas, conserváronse parte dos medios, que son os que hai na actualidade. Temos un dispositivo potente e levamos todo o mes tomando medidas especiais co apoio dos medios que envía o Estado. Sen embargo, non só debemos pensar nas tarefas de extinción, senón que son fundamentais as de vixilancia para evitar que esta situación que vivimos, que afecta fundamentalmente a zonas moi concretas e localizadas da provincia de Ourense, chegue a quedar impune.

Te puede interesar