Sentencia a favor do Concello en Avilés de Taramancos

O Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense vén de ditar sentenza favorable ó Concello, na que confirma o acordo da Xunta de Goberno Local de 18 de decembro de 2010 que permitiu obter os terreos para a construción do Parque da rúa Avilés de Taramancos.
A sentenza desestima o recurso presentado por unha particular contra este acordo, que deu aprobación definitiva ó reformado do proxecto de compensación e de ocupación dos terreos que permitiron construír o Parque.

O Concello de Ourense elaborou e aprobou este reformado do proxecto de compensación en cumprimento dunha sentenza ditada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do ano 2007 que anulara o proxecto de compensación inicial por non ter tido en conta á totalidade dos propietarios afectados (faltaba, concretamente, a comunidade de Propietarios do edificio número 139 da rúa do Progreso).

O Concello procedeu entón a tramitar un reformado do proxecto de compensación orixinal, subsanando os defectos indicados en dita sentenza, e incluíndo nel á referida comunidade de propietarios.

A sentenza desestima tódalas alegacións presentadas pola particular, así como outras alegacións xa que 'se considera asimesmo que non existe obstáculo legal para tramitar conxuntamente o proxecto de compensación coa ocupación das fincas'.

Te puede interesar