A solta dun ave rapaz, entre as actividades da Aula de Natureza de Oira

Dentro das Actividades de Verán para escolares da Concellería de Educación que se están a levar a cabo na Aula da Natureza de Oira, o próximo luns 27 de xullo as 10,15 da mañá terá lugar a solta dun ratoneiro común.
Dende o Centro de Recuperación de Fauna do Rodicio virán expertos que explicarán ós cativos como se levan adiante as tarefas de coidado desta ave e posteriormente, a súa solta para que viva no seu medio natural. O ratoneiro tamén é coñecido como miñato ou buteo.

Te puede interesar