XORNAL ESCOLAR

Alumnado do IES Lagoa de Antela adéntrase no apaixoante mundo da pataca

A actividade, na que participaron en convenio co Consello Regulador Pataca de Galicia, resultou ser do máis interesante xa que un técnico do Consello foi o encargado de afondar nas características dos distintos tubérculos.

Durante a xornada de onte, parte do alumnado do IES Lagoa de Antela de Xinzo de Limia, participou nunhas xornadas destinadas a coñecer, discernir e identificar aos diferentes tipos de patacas, as súas características e propiedades, así como os comportamentos culinarios destas nun obradoiro que resultou ser do máis interesante. Esta actividade enmárcase dentro das múltiples propostas prácticas que realizan para complementar o ensino de FP Báscico de Cociña, que se imparte no centro dende hai dous anos e que está a contar con moi boa aceptación neste centro da Limia.

A actividade, na que participaron en convenio co Consello Regulador Pataca de Galicia, resultou ser do máis interesante xa que un técnico do Consello foi o encargado de afondar nas características dos distintos tubérculos. Pola súa parte, o alumnado elaborou diferentes productos coa amplia variedade de patacas coas que contaron, deste xeito emplearon variedades clásicas como Kennebec ou baraca, que combinaron coa nova introducción como é o caso da partaca Vitelotte, moi de moda na alta cociña. Completaron a actividade realizando chips de pataca violeta, tortilla deconstruída ou turrón de patacas fritas, entre outras moitas propostas. En definitiva, resultou unha actividade do máis interesante e froitífera. 

Te puede interesar
Más en Xornal Escolar
xornalescolar_1505_lagrimeo_01
Escola de Familias

Lagrimeo en el lactante