Xornal Escolar

Colexios ourensáns comprometidos contra a violencia de xénero

Os alumnos ourensáns non quixeron faltar á súa cita para rexeitar a violencia de xénero. No Ruxidorio celebraron o 25N cun acto de concienciación pola non violencia e o alumnado de sexto de Primaria foi o encargado de ler un manifesto dos compromisos que adquire a comunidade educativa e as accións que levarán a cabo durante o curso, na Purísima celebrárono nos cursos de Educación Infantil con diferentes propostas para amosar o compromiso de toda a comunidade educativa con esta lacra, no caso do Barco de Valdeorras adornaron un paraugas violeta con palabras, debuxos e símbolos e os alumnos do colexio Condesa de Fenosa puxeron toda a súa creatividade ó servizo deste compromiso co presente e co futuro creando uns paraugas moi vistosos e, sobre todo, reivindicativos.

12_xornalescolar_0112_25n_25
1 / 15

A Purísima. Tódolos grupos participaron na xornada do 25N.

12_xornalescolar_0112_25n_24
2 / 15

A Purísima. Os alumnos de Infantil, moi comprometidos coa causa.

12_xornalescolar_0112_25n_23
3 / 15

A Purísima. Globos e pancartas contra a violencia de xénero.

12_xornalescolar_0112_25n_21
4 / 15

A Purísima. No colexio da Purísima elaboraron pancartas reivindicativas.

12_xornalescolar_0112_25n_18
5 / 15

A Purísima. A solucións está nas mans de todos e, por iso, intáronas de violeta.

12_xornalescolar_0112_25n_17
6 / 15

O Couto. É importante concienciar dende ben cativos.

12_xornalescolar_0112_25n_15
7 / 15

O Couto. Todos xuntos bailaron a canción “Ti, só ti”.

12_xornalescolar_0112_25n_14
8 / 15

O Couto. No Couto aprenderon a mirar a través duns lentes violetas.

12_xornalescolar_0112_25n_13
9 / 15

O Ruxidoiro. Nos días previos fixeron actividades de concienciación.

12_xornalescolar_0112_25n_10
10 / 15

O Ruxidoiro. En cuarto tamén lanzaron cánticos contra a violencia.

12_xornalescolar_0112_25n_09
11 / 15

O Ruxidoiro. Os alumnos de segundo, coas mans que colorearon en familia.

12_xornalescolar_0112_25n_07
12 / 15

O Ruxidoiro. Os máis cativos ataron lazos violetas na verxa do colexio.

12_xornalescolar_0112_25n_04
13 / 15

Condesa de Fenosa. A partir duns paraugas violetas realizaron unhas propostas artísticas.

12_xornalescolar_0112_25n_03
14 / 15

Condesa de Fenosa. Cada alumno deixou plasmadas palabras e símbolos nas súas creacións.

12_xornalescolar_0112_25n_02
15 / 15

Condesa de Fenosa. Os paraugas instaláronse no centro.