Xornal Escolar

A creatividade faise un oco nas aulas ourensás.

O curso continúa con proxectos moi variados que poñen a proba os coñecementos dos alumnos máis creativos. Manualidades para decorar o escritorio, cita coas vacinas, concienciación sobre alcohol, preparación para a universidade ou axilidade mental foron algunhas das propostas dos colexios ourensáns.

xornalescolar_1901_rrss_001
1 / 7

Biblioteca Nós. As instalacións do conxunto de San Francisco acolleron unha sesión de contacontos inclusivos para cativos con problemas de audición a cargo de María Luisa Lombardeo, de intérprete, e Fátima Fernández, de narradora.

xornalescolar_1901_rrss_002
2 / 7

Carmelitas. O alumnado de Bacharelato recibiu a presentación do programa “#Unidream”, que ofrece unha análise do perfil do alumando para ofrecerlles un informe con carreiras para eles.

xornalescolar_1901_rrss_003
3 / 7

Divino Maestro. Os pequenos de Primaria manipularon pauciños para traballar na aprendizaxe de decenas e unidades, ademais da motricidade fina. Un xeito moi divertido de aprender.

xornalescolar_1901_rrss_004
4 / 7

María Inmaculada. En segundo de ESO de Verín apúntanse a non beber participando nunha obradoiro, en colaboración co Sergas, para formar ós adolescentes e previr o consumo de alcol e substancias nocivas.

xornalescolar_1901_rrss_005
5 / 7

Otero Pedrayo. O alumnado do colexio do Barco de Valdeorras está listo para loitar contra o covid. Así de preparados foron algúns rapaces á súa cita coa vacina. Un auténtico superheroe que combate o virus poñendo o seu brazo.

xornalescolar_1901_rrss_006
6 / 7

Pablo VI (A Rúa). Dentro do obradoiro de manualidades, o alumnado realizou un cubremesa para personalizar os seus escritorios. Alfombrillas cun deseño espectacular perfectas para estudiantes moi aplicados e creativos.

xornalescolar_1901_rrss_007
7 / 7

Santo Ángel. Tralo parón polas vacaccións de Nadal, os alumnos retomaron as sesións de xadrez, un deporte perfecto para estimular a súa axilidade cognitiva e introducilos no eido das estratexias.