Xornal Escolar

A peonza máis creativa

xornalescolar_0911_lixoteca_01
1 / 6

Para facer esta divertida peonza tan só necesitaremos cinco materiais e son moi fáciles de conseguir: un vaso de papel, un pauciño con punta, tesoiras, rotuladores de cores e unha pistola de silicona ou o pegamento que ti prefiras. Se usas a pistola, asegúrate de que che axude un maior para non mancarte.

xornalescolar_0911_lixoteca_03
2 / 6

O primeiro que faremos será coller o vaso e marcar oito puntos na parte por onde se bebe. Fíxate que queden á mesma distancia uns dos outros, porque senón a peonza vai quedar descompensada. Cando os teñas marcados, colle as tesoiras e corta recto dende cada un dos puntos ata o fondo do vaso para abrilo.

xornalescolar_0911_lixoteca_04
3 / 6

O resultado terá que ser unha especie de círculo con aspas. Dalle a volta e estira ben cada unha das patas da peonza. Cando o teñas, mide o círculo central (que antes era a base do vaso de papel) e marca o medio. Non perdas esta referencia, porque será onde coloquemos o eixo da peonza e será fundamental para que xire ben.

xornalescolar_0911_lixoteca_05
4 / 6

Chegou o momento máis divertido! Toca decorar e aquí non hai regras nin pasos que valgan. A túa creatividade será a que mande. Nós decidimos facer un deseño de picos de cores para que faga un efecto ben chulo cando poñamos a xirar a peonza. Sexa cal sexa o teu deseño, é importante que cortes os bordes do vaso para quitarlle peso á peonza.

xornalescolar_0911_lixoteca_06
5 / 6

Só nos faltan un par de cousiñas, pero son as máis importantes. Cando teñas a peonza decorada ó teu gusto, colle o pauciño e, coa punta, fura ben pola marca que fixemos antes no medio da base. Introduce o pauciño coa punta cara a parte de abaixo e pégao coa pistola de silicona.

xornalescolar_0911_lixoteca_02
6 / 6

Antes de empezar, vas ter que ter un pouquiño de paciencia e agardar a que a silicona estea ben seca antes de poñer a bailar a túa peonza. Se xa pasou o tempo suficiente, só queda poñerse a xogar e retar ós teus amigos a ver quen aguanta máis tempo en equilibrio. Xa sabes… Mans á obra!