xornalescolar_2912_lixoteca_001
1 / 12

Chegou a fin do ano 2021 e, para celebralo, propoñémosche que fabriques o teu propio cotillón caseiro co que darlle a benvida ó 2022. Lembra facer unha bolsiña para cada un dos teus convidado ou para quen ti queiras que reciba o novo ano entre confetis e chiflos. O complemento perfecto para darlle un toque de cor á última noite do ano.

xornalescolar_2912_lixoteca_002
2 / 12

E como se trata da última Lixoteca deste ano, imos aproveitar materiais que nos foron sobrando doutras manualidades. Necesitaremos: restos de cartolinas (brillantes e normais), unha palliña de papel, un pouco de goma elástica, cinta de pegar de papel, grampadora, un rotulador, tesoiras e algo redondo co que facer a forma.Imos comezar polo gorriño, un elemento imprescindible para despedir o ano que se vai. Para marcalo, nós usamos un prato de comer tamaño normal, pero mira que tipo de círculo se adapta mellor á túa cabeza para que non che quede demasiado grande nin demasiado pequeno. Cando o teñas, recorta.

xornalescolar_2912_lixoteca_003
3 / 12

Imos comezar polo gorriño, un elemento imprescindible para despedir o ano que se vai. Para marcalo, nós usamos un prato de comer tamaño normal, pero mira que tipo de círculo se adapta mellor á túa cabeza para que non che quede demasiado grande nin demasiado pequeno. Cando o teñas, recorta.

xornalescolar_2912_lixoteca_004
4 / 12

Para darlle a forma do gorriño que queremos, cando teñas o círculo cortado tan só terás que recortar un triángulo como se fora unha ración de pizza. Canto máis ancho o cortes, máis en pico quedará o gorriño. Cando o teñas, grámpao para pechalo. Colle o anaco de goma, faille un nó en cada punta e grápao ós dous lados.

xornalescolar_2912_lixoteca_005
5 / 12

Imos agora decorar. Como ves, seguimos utilizando restos de cartolinas que nos foron quedando. Nós optamos por debuxar unhas estreliñas douradas e ilas pegando por todo o gorriño. Pero podes facer o que máis che guste ou mesmo pintala con rotuladores ou témperas. Neste punto podes ir a onde te leve a imaxinación.

xornalescolar_2912_lixoteca_006
6 / 12

Co gorriño xa listo, imos pasar ó confeti. Neste paso volvemos botar man de restos de cartolinas que teñamos pola casa. Cantas máis cores, mellor. Empezaremos cortando tiras finiñas, de medio centímetro de ancho, máis ou menos. Canto máis finas sexan, máis miúdo quedará o confeti.

xornalescolar_2912_lixoteca_007
7 / 12

Cando vaias tendo tiras de diferentes cores, toca cortalas en anaquiños ben pequeniños. Non te cortes neste punto, o confeti nunca sobra e sempre serve para animar a cea. O malo vai ser ter que limpalo ó día seguinte… Pero a diversión seguro que non cha quitará ninguén.

xornalescolar_2912_lixoteca_008
8 / 12

Só nos queda un elemento para encher o noso cotillón: o chiflo (popularmente coñecido como “matasuegras”) e construirémolo con só tres cousiñas -papel, cinta e unha palliña-. Para facelo, colle un papel que teñas que non sexa moi groso e corta unha tira duns cinco centímetros de ancho.

xornalescolar_2912_lixoteca_009
9 / 12

Cando teñas a tira cortada, dóbraa ó longo en tres partes e pásalle unha cinta de papel de arriba a abaixo. Este paso é importante para evitar que saia o aire, senón non funcionará. Dobra agora un dos lados deste “tubo” que temos feito e péchao con máis cina. Asegúrate de que non escapa o aire.

xornalescolar_2912_lixoteca_010
10 / 12

Imos darlle agora a súa forma característica! Antes, corta un anaco de palliña de papel e introdúcea no lado do “tubo” que está sen pechar. Rodea con moita cinta de papel porque, como no paso anterior, debes asegurarte de que non escapa o aire. Se xa o tes listo, toca enroscar o papel sobre si mesmo para darlle a forma da imaxe.

xornalescolar_2912_lixoteca_011
11 / 12

E isto todo onde imos gardalo? Pois na bolsa que imos facer agora. Colle papel do que ti prefiras. Nós empregamos celofán transparente, pero podes elixir un opaco para que sexa sorpresa. Dóbrao entres partes e nun dos extremos fai unha dobrez e pon varias grapas. Lembra felicitarlle o ano ós teus convidados.

xornalescolar_2912_lixoteca_012
12 / 12

Xa só quedaría meter dentro da bolsa o gorriño, o confeti e o chiflo e pechalo cun pouco de cinta. Poderás poñer unha bolsiña no prato de cada un dos teus convidados e, cando se achegue o momento das campanadas, abrila e comezar a diversión. Xa sabes… mans á obra e Feliz 2022!