ECOAGRO

Acción formativa para optimizar a pataca limiá

José Luis Cabarcos, director de Agacal, en su intervención.
photo_camera José Luis Cabarcos, director de Agacal, en su intervención.
Abordouse a vinculación da produción de pataca e regulamento técnico de certificación da pataca de semente

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participou na apertura da xornada sobre a optimización do cultivo da pataca de calidade.

Esta iniciativa forma parte de dúas xornadas organizadas pola Axencia co fin de formar agricultores. O primeiro destes módulos tivo lugar onte no salón de plenos do Concello de Xinzo.

A charla abordou dous bloques formativos, vinculados á produción de pataca e ao regulamento técnico de certificación da pataca de semente. O primeiro versa sobre as posibles dificultades que poden xurdir no momento de cultivar este tubérculo e permitiralle aos asistentes coñecer nocións básicas sobre a calidade fitosanitaria das sementes ou o seu correcto manexo e conservación.

O segundo bloque está centrado nos requisitos sanitarios aplicados a este cultivo e nos parámetros de calidade que debe cumprir. O curso rematará cunha mesa coloquio moderada polo presidente da IXP Pataca de Galicia, José Manuel Gómez.

O director sinalou como obxectivo: formar aos agricultores para mellorar a súa rendibilidade.

Te puede interesar