MÚSICA

A Arca da Noe volve encher de música Vilar de Santos

Poderase disfrutar dos concertos da cantautora Sandra Piñeiro, Milo Ke Mandarini e o guineano Mamadu Baio

Vilar de Santos vólvese encher de boa música co comezo do outono. Este venres, no local A Arca da Noe, poderase desfrutar da actuación da cantautora Sandra Piñeiro a partires das 22,00 horas.
Así mesmo, o vindeiro xoves, días 13, será  o turno do grupo de música tradicional Milo Ke Mandarini. Neste caso, veciños e visitantes poderanse achegar a escoitalos a partires das 20,30 horas. Xa o sábado, o músico Mamadu Baio, de Guinea Bissau, amosará a súa arte aos interesados, a partir das  22,00 horas.
A Arca da Noe organizará tamén o vindeiro domingo día 16 de outubro, nas rúas e prazas da vila, un mercado de artesanía e produto local. O Concello colabora tamén nesta iniciativa e apoia a intensa actividade cultural que desenvolve esteestablecemento na vila.n

Te puede interesar