POLÍTICA LOCAL

O BNG pide un protocolo para os achados históricos

Aseguran que na rúa do Peto destapáronse restos dos que se descoñece a súa data e que están pendentes de valoración polos expertos

Coas obras de mellora realizadas nos últimos meses polo Concello de Xinzo na rúa da Igrexa e na rúa do Peto descubríronse varios achados arqueolóxicos. Dende o BNG limiao veñen de solicitar, mediante un escrito rexistrado no Consistorio, un protocolo de actuación que ampare este tipo de casos. Aseguran que na rúa do Peto destapáronse restos dos que se descoñece a súa data e que están pendentes de valoración polos expertos. Por este motivo, esixen que se estuden as distintas opcións existentes para que poidan ser conservados, postos en valor e empregados como reclamo turístico e cultural da vila.

"Xinzo ten interese para o turismo porque conta cun patrimonio inmaterial inigualable, o Entroido. Mais non podemos dicir o mesmo, por falta de valorización, do patrimonio material: Mosteiro de Trandeiras, Torre da Pena e achados como os da rúa do Peto", manifestaron os nacionalistas.

Te puede interesar