Calvos aproba un orzamento de 1,4 millóns para este 2022

Paralelamente, o Concello de Calvos de Randín deu luz verde ao cadro de persoal -inclúese a dedicación parcial do rexedor local, Aquilino Valencia-.

Logo da súa exposición pública, as contas orzamentarias aprobadas inicialmente polo pleno do Concello de Calvos de Randín a finais do pasado mes de decembro pasan a ter un carácter definitivo para este 2022. Neste senso, o documento ascende nesta ocasión aos 1.419.918,15 euros. 

Por apartados, o Gasto en persoal supón a conta de maior dotación -660.929,22 euros-, seguida dos Investimentos reais, que ascenderán neste novo exercicio económico aos 406.288,78 euros. Os Gastos en bens correntes e servizos quedarán en 252.643,49 euros. 

Por outra banda, a previsión de recadación por Impostos directos chega aos 252.643,49 euros, mentres que a estimación vencellada aos indirectos é de 13.600,00 euros. 

Paralelamente, o Concello de Calvos de Randín deu luz verde ao cadro de persoal -inclúese a dedicación parcial do rexedor local, Aquilino Valencia-.

Te puede interesar