El Centro O Viso celebró un encuentro familiar

Participaron os nenos que asistiron ao servizo educativo que ofrece o centro 'O Viso', xunto cos seus familiares

Máis dun centenar de persoas participaron o pasado xoves, nas instalacións do Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso, no primero dos seus encontros de educación infantil familiar da Limia. Ata Lodoselo (Sarreaus) se desprazaron os nenos, nenas, os seus irmáns, pais e avós, que dende novembro de 2015 integran este programa formativo dirixido ás familias limiás. 

Os responsables de CDR O Viso, con Lucía Nóvoa ao fronte deste iniciativa, prepararon para todos os asistentes varios obradoiros, como o do amasado de pan no forno comunitario, xogos de auga, prantación de carballos, visita aos animais e paseo no burro "Fariñeiro", así como outros talleres de pinturas ou mesmo probas deportivas coma unha carreira de orientación. 

Rematou esta xornada lúdica cunha merenda compartida na que non faltaron cantigas populares. 

Dende a xerencia do colectivo de desenrolo rural, anuncian que para o vindeiro curso tentarán ampliar o número de grupos e poder así garantir que os nenos da Limia teñan acceso a este servizo educativo que dende CDR O Viso programan para as familias.

Te puede interesar