CLASES DEL CONCELLO

O Concello de Xinzo promove encontros para practicar inglés

Casa da Cultura de Xinzo
photo_camera Casa da Cultura de Xinzo
A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acollerá encontros para conversar en inglés no formato Speaking Corner

Esta iniciativa surxe pola idea que parte da Concellería de Participación Cidadá, Mocidade e Festas, co concelleiro de Festexos do Concello de Xinzo de Limia, Ricardo Sieiro á cabeza.

O que a Concellería de Participación Cidadá, Mocidade e Festas pretende, xunto co clube de lectura, é “fomentar a participación cidadá en actividades que enriquecen, culturizan e aportan valor”, explica o concelleiro de Festexos do Concello de Xinzo de Limia, Ricardo Sieiro.

O funcionamento das sesións do formato Speaking Corner baseanse principalmente na procura da conversa en lingua inglesa, entre as diferentes persoas que se animen a participar.

No Speaking Corner trataranse temas de diversas temáticas, dentro dun contexto ameno e divertido, independentemente do nivel de inglés de cada usuario que se anime a participar.

O obxectivo do Speaking Corner é dobre: por unha banda, a creación de novos lazos froito da convivencia entre os usuarios participantes, e por outra banda, a práctica e mellora da expresión en lingua inglesa dos usuarios participantes, a través dunha actividade completamente gratuíta.

Primeiro encontro

O primeiro encontro do Speaking Corner terá lugar o vindeiro mércores día 6 de marzo, ás 19,00 horas, na aula Cemit da Casa da Cultura.

Nos grupos de charla do Speaking Corner falarase en inglés de diversos temas de actualidade, dentro dun contexto ameno e divertido.

A actividade do Speaking Corner está pensada para persoas maiores de 16 anos cun mínimo de coñecementos en lingua inglesa.

Te puede interesar