ELECCIÓNS

O Consello Regulador Pataca de Galicia elixirá o día 7 novos vogais

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida, Pataca de Galicia, conta na actualidade cun total de 62 productores de tubérculo amparados e oito almacenistas

O Consello Regulador Pataca de Galicia celebrará o vindeiro mércores 7 de xuño, ás 12,00 horas da mañá, un pleno na súa sede de Xinzo, no que se recollerán as candidaturas que optarán a formar parte do organo colexiado encargado da dirección da entidade. Os profesionais que resulten escollidos pasarán a ocupar os cargos de vogais na Indicación Xeográfica Protexida durante catro anos e deles, será a potestade de votar ao presidente do Consello, posto que ocupa na actualidade e dende hai máis de 25 anos, Julio Gómez. 

Deste xeito o organismo colexiado estará integrado por seis representantes do sector dos almacéns, seis profesionais da producción de pataca e un vogal técnico enviado pola  Xunta de Galicia. O presidente e vicepresidente do Consello serán elixidos en datas vindeiras e logo da proclamación provisional de candidaturas, que se realizará o venres 9 de maio, segundo a orde do día 3 de abril de 2017. 

O Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida, Pataca de Galicia, conta na actualidade cun total de 62 productores de tubérculo amparados e oito almacenistas. Unha importante porcentaxe destes profesionais están ubicados na comarca da Limia. A entidade está a levar a cabo unha importante labor de promoción do producto en feiras especializadas do país. 

Te puede interesar