Críticas en Trasmiras pola falta do médico no ambulatorio

Os socialistas aseguran que o centro médico de Trasmiras leva case dúas semanas sen facultativo debido que a médica que exercía neste centro “está de baixa por motivos médicos”.

A finais desta semana, o Consistorio de Trasmiras difundiu un comunicado municipal apuntando a “motivos alleos ao Concello” como explicación á falta do facultativo titular do centro de saúde. Neste senso, presentouse unha “reclamación” ante a Xerencia sanitaria para que se cubra canto antes a baixa do médico. 

A este malestar vén de sumarse o Partido Socialista de Ourense, dende onde aseguraron que “non consentirán que se elimine o facultativo do centro de saúde de Trasmiras” e esíxenlle ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a súa “reposición inmediata”. 

Os socialistas aseguran que o centro médico de Trasmiras leva case dúas semanas sen facultativo debido que a médica que exercía neste centro “está de baixa por motivos médicos”. Apuntan que, dende o 13 de xullo, os veciños e veciñas de Trasmiras que precisan recibir atención médica ou pasar consulta deben desprazarse ata os municipios limítrofes de Xinzo de Limia e Sarreaus o que supón “un agravio para a poboación, especialmente para os maiores que teñen que depender dalgún familiar para poder desprazarse e ser atendidos”.

A voceira do BNG de Trasmiras, María do Mar Alonso, lamenta que, de cara á vindeira semana este problema non estará solventado, polo que en nome do seu partido rexistrou unha reclamación. “Non é normal botar un mes sen médico”, manifestou a edil.

Te puede interesar