NA LIMIA

Medalla de ouro de Ourense para o escritor que imaxinou Galicia como un país de palabras

A capital cultura de Galicia durante o día de hoxe continúa cos actos para homenaxear a Carlos Casares. Baltar anunciou durante a súa intervención que se lle otorgará esta distinción

A Limia é a capital cultural de Galicia e os actos para homenaxear a Carlos Casares continúan na vila dende a mañá. Ás 11.30 horas celebrouse o pleno extraordinario da Real Academia Fakega, baixo a presidencia de Víctor Freixanes e do titutlar do goberno galego, Núñez Feijóo.

"É unha figura moi plurar", destacou Freixanes sobre a obra do homenaxeado deste ano nas Letras Galegas. 

O presidente da Academia Galega tamén lembrou a súa amizade con Casares e os "momentos tristes" nos que tivo o privilexio de sucedelo, cando ocupou a súa silla na Academia trala morte do ourensán. 

Henrique Monteagudo tamén interviu no acto institucional celebrado en Xinzo, que recordou aquela votación como "única e de maioría absoluta" para Casares. 

Por último, no peche do acto, Freixanes alabou a dimensión "como xestor cultural" de Carlos Casares. 

O pasarrúas a cargo da Escola Municipal de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo e da Agrupación Musical da Limia animou a festa da lingua galega, que na praza Carlos Casares descubriu unha placa conmemorativa do escritor ourensán, "o escritor que imaxinou Galicia como un país de palabras".

Baltar tamén anunciou na súa intervención que se otorgará a medalla de ouro de Ourense a Carlos Casares, a título póstumo, por ser “excelente embaixador da Ourensanía”. O presidente da Deputación afirmou que mañá xoves asinará a providencia para iniciar o expediente para a concesión da dita distinción, iniciativa que será levada ao pleno do presente mes de maio da corporación provincial.

Te puede interesar