XINZO DE LIMIA

Falece a edil do PSOE en Xinzo Manuela Vallejo

Numerosos compañeiros e dirixentes de partido, amigos e veciños participaron onte á tarde no funeral da concelleira do PSOE en Xinzo

Numerosos compañeiros e dirixentes de partido, amigos e veciños participaron onte á tarde no funeral da concelleira do PSOE en Xinzo Manuela Vallejo Dorrío, que faleceu no pasado fin de semana. Manuela Vallejo contaba con 51 anos de idade e estaba casada con José Manuel Fernández, funcionario da delegación de Medio Rural e un dos responsables do PSdeG na comarca da Limia.


Manuela Vallejo, profesora de profesión, era directora dunha academia en  Xinzo. Segundo lembra a súa compañeira de partido e amiga Laura Seara, Manuela Vallejo siempre estivo vinculada ó PSOE e era unha persoa muy coñecida e apreciada na Limia, polo que su falecimento foi moi sentido na comarca. Vallejo saíu elexida concelleira en  Xinzo nas eleccións municipais de 2011.


Laura Seara define á concelleira falecida  como "unha muller valente, moi comprometida en todo aquelo no que se implicaba e estaba implicada en moitas cousas. A súa morte constitúe unha gran perda para o PSOE, para Xinzo e para toda a comarca", afirma a deputada socialista minutos despois de asistir ó funeral.

Te puede interesar