cultura

A formación de jazz Grüvzilla visita esta noite A Arca da Noe

"Levamos pouco tempo xuntos, pero a acollida está sendo moi boa", afirma un dos compoñentes da agrupación

A agrupación de jazz Grüvzilla ofrecerá esta noite ás 22,00 horas no local cultural "A Arca da Noe", o seu primeiro concerto en Vilar de Santos. Esta banda instrumental de estilo comprendido entre o jazz, o funk e o rock, e composta por Luke Jennings á guitarra, Antón Torrontxo no baixo e Paulo Silva á batería, fará un repaso das cancións máis coñecidas de artistas como John Scofield, os Yellowjackets ou os Meters."Facemos versións de grupos e adaptámolas ao formato", sinala Antón, "É divertido para nós, e tamén para a xente que nos escoita".

Os compoñentes de Grüvzilla levan moitos anos colaborando con artistas como Uxía Senlle ou Dulce Pontes, pero a formación non supera os oito meses de vida: "Levamos pouco tempo xuntos, pero a acollida está sendo moi boa". 

Te puede interesar