Laroá, en Xinzo, recupera a tradición dos contos orais para o pobo

Ademais do recoñecemento especial para o escritor de Laroá, o obxectivo do acto foi reivindicar, ante as autoridades municipais presentes, a necesidade de reunir e unir á xente dos pobos e a coidar do medio e a cultura rural do que se coñece como a Galicia baleirada. 

O pobo de Laroá, en Xinzo de Limia, retrotraeuse a épocas pasadas xuntando aos seus veciños para escoitar contos e historias. A iniciativa partiu do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso e do Museo da Limia e, precisamente, foi Manolo Seoane, integrante de dita entidade cultural, quen protagonizou o acto presentando o seu libro: A raíña loba. A iniciativa tamén serviu como homenaxe ao propio Seoane, polo seu papel na dinamización da cultura limiá. 

Ademais do recoñecemento especial para o escritor de Laroá, o obxectivo do acto foi reivindicar, ante as autoridades municipais presentes, a necesidade de reunir e unir á xente dos pobos e a coidar do medio e a cultura rural do que se coñece como a Galicia baleirada: “A través da asociación de mulleres A Lomba e do Centro de Desenvolvemento Rural O Viso quixemos revivir unha daquelas noites de invernía tan longas, a carón do lume, na que os contos dos máis vellos embelesaban a cantos alí se atopaban, tal como ben reflicte Manolo no relato. Aquí sen lume nin invernía pero con chocolate e moitos afectos”, manifestaban dende o CDR O Viso. “Lendo, narrando e escoitando estamos xuntos. Loitando por manter viva esta terra, alimentando as relacións entre nós e contribuíndo a que este sexa un bo medio habitable e habitado”, engadían dende o CDR.

Te puede interesar