CULTURA

En marcha a creación dunha rede cultural para a comarca

O presidente do padroado do Museo da Limia afirmou a intención de establecer unha liña directa con outras entidades da zona

Unha das cuestións que se abordou na derradeira xuntanza do Consello Asesor do Museo da Limia de Vilar de Santos, conformado por unhas 30 persoas de diferentes sectores sociais, culturais e políticos, foi o establecemento de vínculos cos museos de carácter particular que existen na comarca, entidades culturais, e mostras oficiais -o Museo do Entroido, a Casa da Lagoa- para facer actividades conxuntas. "Queremos establecer unha liña directa con estas entidades para crear unha rede cultural e un paquete turístico", explicou Delfín Caseiro, presidente do padroado do Museo da Limia."Temos a intención de ver a posibilidade de crear un ticket único que permita visitar todos estes espazos", engadiu.

Dende o padroado do Museo da Limia queren "aunar esforzos" para contrarrestar a falta de axudas que hai no ámbito cultural e que na Limia deixouse notar co peche dalgún destes centros. "Se trata de traballar todos xuntos para poder chegar a facer grandes cousas que, no caso de estar por separado, non poderíamos", explicou Delfín Caseiro.

Te puede interesar