O pavillón de Xinzo, en obras despois de 36 anos

Propietarios y agricultores en la asamblea celebrada en el pabellón de Xinzo.
photo_camera Propietarios y agricultores en la asamblea celebrada en el pabellón de Xinzo.

Logo de 36 anos dende a súa inauguración en 1987, o Concello de Xinzo de Limia comeza a darlle un lavado de cara ás instalacións do polideportivo municipal con diversas actuacións, valoradas en máis de 60.000 euros e cofinanciadas pola Xunta de Galicia.

Haberá unha nova iluminación con luces LED, vestiarios completamente renovados, novo material deportivo, pintura nos laterais da cancha e novo equipo de altofalantes, entre outras pequenas actuacións.

Amador Díaz, alcalde de Xinzo de Limia, declarou que “dende o goberno do Concello de Xinzo vimos a necesidade de actuar sobre o pavillón. Puxémonos a traballar dende o minuto un e empezaron a saír os primeiros froitos como o cambio de iluminación e as distintas subvencións que se van achegando para facer esas intervencións”, detalla o alcalde de Xinzo.

Cristina Campero, concelleira de Deportes, explicou que “entre as infraestruturas a destacar está a dos vestiarios con traballos de fontanería, calefacción, pintura e alicatado. Despois estase a levar a cabo tamén a pintura  do pavillón e a luminaria. Esperemos que sexan as primeiras das moitas que imos facer”, conclúe a concelleira de Deportes.

Te puede interesar