ENTROIDO 2017

O ‘Petardazo' poñerá en marcha mañá un mes enteiro de festa

Non esquezas ningún evento da festividade máis importante de Xinzo

4 4 de febreiro. Petardazo.Ás 24,00 horas na Praza Carlos Casares. Batucada á cargo da Xituma Batuke e charanga con XL. 

4 5 de febreiro. Domingo Fareleiro. A partir das 16,30 horas repartirase a fariña na Praza Maior e ás 17,00 horas dará comezo a festa.

4 11 de febreiro. Colgamento do Meco. Será a última hora da tarde na Praza Maior. Ás 22,30 horas concerto de Pelepau. 

4 12 de febreiro. Domigo Oleiro. Ás 12,30 horas arrancará o desfile do carro das olas. Ás 13.00 horas iniciarase o oleiro infantil na Praza Maior e ás 17,00 horas terá lugar o senior.

4 18 de febreiro. Noite de Corredoiro. A festa comezará ás 21,30 horas ao ritmo das charangas Madialeva e Achicoria. 

4 19 de febreiro. Domingo Corredoiro. As Pantallas sairán ás rúas por primeira vez. Dende as 12,00 horas soarán pola vila os acordes das charangas XL e Los 4 gatos.

4 24 de febreiro. Venres Infantil. Ás 11,30 horas arrancará o desfile dos centros escolares. A partir das 18,30 horas haberá un espectáculo de Troula Animación. Pola noite Chelos e Fanfarra Kaustica poñerán a nota musical. 

4 25 de febreiro. Sábado de Entroido. Dende as 12,00 horas ata a madrugada haberá música nas rúas a cargo de Chelos, La Nota, Achicoria e Festicultores. 

4 26 de febreiro. Domingo de Entroido. Dende as 11,30 horas alborada da Agrupación Musical da Limia. A partir das 12,00 horas, e ata a madrugada, música nas rúas a cargo de Chelos, BB+, XL, DGT e Xituma. Dende as 18,30 música de orquestra da man de De Moda na Praza do toural . 

4 27 de febreiro. Luns Entroido. Dende as 12,00 horas, música a cargo de XL, Makoki e Achicoria. A partir das 17,00 horas actuación de Mama Cabra.Dende as 18.30 horas festa nas rúas con Makoki, XL, Achicoria e BB+.
Ás 01,00 horas haberá un espectáculo a cargo da Agrupación Musical da Limia. 

4 28 de febreiro. Martes Entroido. Dende as 11.30 alborada da man da Banda de Gaitas "B" do concello. Ás 17,30 será o turno da Banda titular. Non faltará a música durante todo o día. A partir das 18,30 música da orquestra Jerusalén na Praza do Toural. 

4 1 de marzo. Enterro da Sardiña. A partir das 20,00. 

4 5 de marzo. Domingo de Piñata. Ás 17.00 horas xogos populares con Paporrubio e xogo da piñata. Ás 18,30 horas música da orquestra Gran Parada .n  
 

Te puede interesar