A LIMIA

O PSOE de Rairiz de Veiga reclama a nulidade do que firme o alcalde

Pablo Lorenzo, presentou no concello unha nova solicitude na que reitera "a obrigación que ten o pleno de declarar a incompatividade" que ten o alcalde

O portavoz do PSdeG-PSOE na Corporación municipal de Rairiz de Veiga, Pablo Lorenzo, presentou o martes no concello unha nova solicitude na que reitera "a obrigación que ten o pleno de declarar a incompatividade" que ten o alcalde, Xaquín Rodríguez Ambrosio, trala sentencia do pasado 26 de xuño, na que o xulgado do penal número 2 de Ourense o condenaba a oito anos e medio de inhabilitación.

Señala o portavoz socialista que a pesar de non ser unha sentencia firme, "a lei electoral é moi clara nestre apartado e recolle textualmente que son inelexibles "los condenados por sentencia, aunque no sea firme, por delitos de rebelión, de terrorismo, contra la Administración Pública o contra las Instituciones del Estado cuando la misma haya establecido la pena de inhabilitación para el ejercicio del derecho de sufragio pasivo o la de inhabilitación absoluta o especial o de suspensión para empleo o cargo público en los términos previstos en la legislación penal".

Segundo Lorenzo, dada a incompatibilidade que amosa o alcalde, o PSdeG-PSOE de Rairiz de Veiga solicitou "que se declare a nulidade de todas as actuacións ou actos administrativos que firme ou firmara Rodríguez Ambrosio dende a notificación da sentencia". Asimismo, o PSOE acusa a Ambrosio de levar ó concello "a un estado de ingobernabilidade".

Te puede interesar