LETRAS GALEGAS

As rúas de Xinzo mudan o seu nome por obras de Carlos Casares

Placa Xinzo_result
photo_camera Unha das rúas con novo nome.

18 rúas mudaron temporalmente o seu nome orixinal

Un total de 18 rúas de Xinzo mudaron temporalmente o seu nome orixinal por títulos das obras literarias do escritor Carlos Casares. Trátase dunha actividade enmarcada dentro do programa elaborado polo Concello, para conmemorar a obra narrativa do autor ourensán ao que este ano se lle adica o Día das Letras Galegas. 

Deste xeito, a avenida de Madrid será "Deus sentado nun sillón azul", a rúa de Santa Mariña será "O can rin e o lobo crispín" e a rúa Lepanto pasará a chamarse "O galo de antioquía". Así ata un total de 18 placas substituirán temporalmente os nomes orixinais das rúas, que se poderán seguir mediante un "rueiro" elaborado pola Concellería de Cultura. 

Para mañá sábado, está prevista a lectura continuada da obra de Casares "Vento Ferido" a partir das 18,30 horas na Casa da Cultura na que poderán participar todas as persoas que o desexen e, ao remate, haberá un recital literario - musical con textos adicados ao autor.

Te puede interesar