Sandiás restaura un dos seus miradoiros de aves

foto 2. entrada
photo_camera Un operario do Concello realiza tarefas de restauración no palafito.
A estrutura está baseada nos palafitos da antiga Lagoa de Antela

Operarios do Concello de Sandiás, da man das especificacións dunha técnica da Consellería de Medioambiente, abordou entre o pasado mes de xaneiro e comezos do presente febreiro a recuperación dun dos seus miradoiros de aves, ubicado na zona das areeiras. 

Tal e como explicaron dende o Consistorio, dita construcción está baseada nos palafitos existentes na antiga Lagoa de Antela e a súa recuperación levouse a cabo dun xeito planificado e respectuoso coa flora, así como coa intimidade da fauna existente nas súas inmediacións. 

Entre outras accións, a intervención baseouse nas tarefas de desbroce, no arranxo dos laterais da construción -empregáronse, neste senso, canas de salgueiro- e na mellora do teito -neste caso usáronse espadanas-. 

Na Comarca da Limia, en xeral, e no municipio de Sandiás, en particular, é posible disfrutar da ornitoloxía a través do Roteiro de Avistamento de Aves existente. Esta posibilidade turística e medioambiental supón, tal e como recordan dende o Consitorio, “unha parada obrigatoria para os amantes da biodiversidade e do patrimonio xeolóxico e mineiro das charcas areeiras fruto da actividade industrial de extracción de áridos”. 

A restauración do miradoiro é unha acción dunha natureza complexa que é preciso levar a cabo con certa periodicidade. 

Por último, no Consistorio sandianés remarcan que, a día de hoxe e pola contorna dos pobos de Sandiás, aínda e posible divisar algún galpón con cuberta de palla. “Na Lavandeira, Cardeita e Zadagós, pobos ubicados preto dos palafitos e probables herdeiros deles, aínda se ve algunha casa redonda e palleiras con paredes de terróns”.

Te puede interesar