A Subdelegación anuncia en Vilar de Barrio axudas para mercar vivendas

IMG-20220216-WA0009
photo_camera A Corporación local de Barrio xunto a Emilio González.
Este mércores tamén se trataron cuestións alusivas á seguridade neste municipio e ao seguimento de vítimas de violencia de xénero en Vilar de Barrio -actualmente tres-.

A Subdelegación do Goberno en Ourense anunciou este mércores en Vilar de Barrio axudas de ata 10.800 euros para os mozos e mozas que queiran adquirir unha vivenda en municipios de menos de 10.000 habitantes -na provincia, 87 dos 92 concellos existentes entran dentro desta categoría de poboación-. Esta subvención terá unha axuda equivalente naqueles casos nos que se opte polo alugueiro dunha vivenda en vez da compra. Neste senso, os beneficiarios e beneficiarias serán aquelas persoas que no momento de solicitar a axuda teñan 35 anos ou menos. 

Concretamente, a axuda á compra de vivenda será de ata 10.800 euros ou cubrirá o 20 por cento do total de prezo da mesma -non deberá ser superior a 120.000 euros-. Tamén será posible solicitar unha axuda ao aluguer por cinco anos -cubrirá ata o 60 por cento da renda mensual, ata un máximo de 360 euros-.  

Emilio González, subdelegado do Goberno, subliñou na súa visita a Barrio -onde foi recibido polo rexedor local, Manolo Conde, e polo resto da Corporación local- que con estas novas axudas o Goberno atende a un “dereito constitucional básico” e contribúe a fixar poboación.

Este mércores tamén se trataron cuestións alusivas á seguridade neste municipio e ao seguimento de vítimas de violencia de xénero en Vilar de Barrio -actualmente tres-.

Te puede interesar