TEATRO

Teatro Aneis busca alumnos polos colexios de Xinzo

alumnas_que_se_fueron_result
photo_camera O grupo de estudiantes que se despediu da asociación Aneis, acompañados por Manuel Fontemoura.

A agrupación, que este ano formou a cincoenta rapaces, quere consolidar o relevo xeneracional

A Asociación Cultural Teatro Aneis de Xinzo, iniciará a finais deste mes de xuño, antes de que rematen as clases, unha serie de visitas aos centros escolares da comarca co obxectivo de achegar a súa actividade aos máis xóvenes e de acadar un relevo xeneracional. A entidade, nacida na capital da Limia hai 21 anos, conta con mais de 50 alumnos de entre tres e 60 anos de idade, divididos nun total de seis grupos. 

Recentemente, unha das súas agrupacións, formada por sete rapazas e un rapaz, de entre 14 e 18 anos, extinguiuse por incompatibilidade horaria. As xa exalumnas da asociación celebraron unha gala de despedida no auditorio da Casa da Cultura de Xinzo, na que interpretaron a obra "Catarse". Despois de máis de 15 anos formando parte de Aneis, o paso á universidade ou a preparación do derradeiro ano de instituto obligaron a este grupo a desfacerse. "É algo que adoita pasar a miúdo, os grupos descompoñense porque ao chegar os mozos e mozas a certa idade ou, ao rematar o seu ciclo vital en Xinzo, non é doado que poidan compatibilizar todo", sinala Manuel Fontemoura, director e mestre en Aneis. "Queremos formar un grupo novo con rapaces de entre 14 e 17 anos", engade. 

Antes de iniciar a rolda de contactos cos cativos dos institutos están previstas dúas funcións na Casa da Cultura de Xinzo. Por unha banda o vindeiro 20 de xuño, actuarán os nenos de entre oito e catorce anos. A quenda dos máis pequenos da asociación será o día 21 de xuño. 

Te puede interesar