OCIO

Vilar de Santos abre o prazo para o seu campamento do próximo verán

Estará dividido en tres áreas: deportiva, multiaventura, lúdica e cultural, e de alimentación

Todas as familias que desexen inscribir aos seus cativos no campamento de verán de Vilar de Santos poderán facelo ata o vindeiro 21 de xuño. O Concello promoverá actividades especiais dende o 1 de xullo ata o 6 de setembro, en horario de 10,00 horas a 14,00 horas. Ademais, haberá un servizo de conciliación complementario que será gratuíto, previa reserva, dende as 09,00 horas ata as 10,00 horas, e dende as 14,00 horas ata as 14,30 horas. 

O campamento de Vilar de Santos estará dividido en tres áreas: unha deportiva, na que será posible practicar fútbol, baloncesto, hóckey, voleibol ou bádminton; e outra multiaventura, na que existirá a posibilidade de probar sorte co tiro con arco ou montar en quad. Tamén haberá un apartado lúdico e cultural e outro de alimentación e de saúde, no que os cativos aprenderán sobre cociña creativa e hábitos saudables. 

O campamento de verán será gratuíto para os nenos empadroados no municipio e terá un coste de 25 euros ao mes para o resto.

Te puede interesar