MEDIO AMBIENTE

Vilar de Santos elimina vertedoiros incontrolados

Os vertedoiros formáronse nos últimos anos, recolléndose ate 50 metros cúbicos de plásticos e 700 metros cúbicos de residuos mesturados

Vilar de Santos eliminou, mediante un conveno coa Consellería de Medio Ambiente, dos vertedoiros incontrolados localizados nas parroquias de Vilar de Santos e Parada. Esta actuación forma parte dun programa ambiental que inclúe varios proxectos a desenvolver no concello.


Os vertedoiros formáronse nos últimos anos, con residuos de diversa procedencia e composición, recolléndose 50 metros cúbicos de plásticos, 700 metros cúbicos de residuos mesturados, dúas toneladas de voluminosos, 70 metros cúbicos de restos forestais e un 120 kilos de aparatos eléctricos. Para a súa retirada foi necesaria o uso de maquinaria pesada, ademais de traballo manual. Unha vez limpa, procedeuse ó acondicionamento da zona, creando espazos recuperados, consolidados con herba para conseguir a súa restauración ambiental e integración paisaxística.


En 2012-2013 o Concello xa elimonou outro vertedoiro incontrolado, duns 3.000 metros cúbicos, nun terreo preto do núcleo de Casas da Veiga.

Te puede interesar