CONCURSO LA REGIÓN
Os mellores premios dos Maios

Lodoselo acollerá un Concilia de verán rural para os nenos

Imagen de archivo de una fiesta de la espuma.
Imagen de archivo de una fiesta de la espuma.

O Concilia Rural de Lodoselo abre as súas portas unha vez máis para ofrecer ás nenas e ós nenos a oportunidade de explorar, aprender e compartir nun entorno enriquecedor.

“Baixo o lema aprender a ensinar para vivir e compartir, o Concilia de verán de Lodoselo promove valores coma o respecto, a colaboración e o amor polos animais, as plantas e as persoas”, comunican dende o Centro de Desenvolvemento Rural (CDR) O Viso, organizador do evento.

“Fomentan un ambiente de apoio e cariño para que os pequenos se sintan parte dunha gran familia, onde a empatía e o respecto polos tempos e ritmos propios de cada nena e neno son a súa máxima lei”, explican dende o CDR O Viso.

Durante os meses de xullo e agosto, terán a oportunidade de participar en actividades ó aire libre, talleres e momentos de convivencia que fomentarán o desenvolvemento persoal e a conexión co entorno. A preinscripción remata o 1 de xuño. Unha vez remate o prazo da preinscripción, avisarase para que pasen pola oficina do CDR O Viso (sita na Calle Ladeira, número 21, Baixo) para formalizar a matrícula do Concilia de verán, dende o 4 ata o 10 de xuño, ambos días incluídos.

“Sempre fieis ó seu lema, coidarme, coidarte, coidarnos, esperan un ano máis para pasar un verán inesquecible”, expresan dende o CDR O Viso.

Contenido patrocinado

stats