SOLIDARIDADE

O Viso conclúe a II campaña de recollida de alimentos

O resultado da campaña mídeno os 800 quilos de alimentos, produtos de hixiene, limpeza e xoguetes recollidos.

O Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso" valora como "un éxito" o transcurso da  segunda edición da campaña "Contribuíndo ó local, contribúes contigo". 

O resultado da campaña mídeno os 800 quilos de alimentos, produtos de hixiene, limpeza e xoguetes recollidos. Os carros da compra enchéronse de legumes, leite,  conservas, deterxentes, compresas, papel hixiénico, xabón...

Esta actuación enmárcase no "Programa de Atención Urxente a persoas en risco ou exclusión social", que está subvencionado polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.

O reparto das doazóns realizarase hoxe, 22 de decembro, ás 11,00 horas, na Praza de Abastos de Xinzo de Limia. Dende a organización advirten que só poderán retirar produtos aquelas persoas en situación de exclusión social que fosen valoradas previamente polo organismo.  Dito proceso levarase a cabo nas dependencias que a institución posúe na Praza Maior de Xinzo.

Dende O Viso agradécenlles aos supermercados participantes e aos seus empregados, ás entidades que colaboraron, á parroquia de Santa María de Couso, ás voluntarias e voluntarios".Así mesmo, a asociación de Lodoselo congratúlase unha vez máis de que a sociedade da Limia se mova cando se trata de "causas sociais".

Te puede interesar