Xinzo suprime a lista de agarda no Servizo de Axuda no Fogar

Os detalles do contrato, o cal se estenderá por un período de dous anos, daranse a coñecer na vindeira sesión plenaria.  

O Concello de Xinzo de Limia acaba de informar da reasignación do Servizo de Axuda no Fogar á empresa Sol Asistencia, que, segundo fontes municipais, vén de suprimir a lista de solicitantes desta prestación, que rondaba as 30 persoas. Dende o Consistorio subliñan que a demanda neste senso incrementouse progresivamente nos últimos anos e o goberno cuatripartito “propúxose chegar ao maior número posible de usuarios. Tanto é así, que a día de hoxe non hai nin un só solicitante á espera de recibir este tipo de atención”, din dende o executivo local. 

Os detalles do contrato, o cal se estenderá por un período de dous anos, daranse a coñecer na vindeira sesión plenaria.  

Sobre esta cuestión, a alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, destacou as “melloras” acadadas e que permitirán “axudar a moitas familias” que se atopan en situacións difíciles: “Agora poderemos atender a toda a poboación demandante, sempre e cando cumpran os requisitos que establece a Xunta de Galicia. É un gran paso na mellora da calidade de vida dos veciños”, dixo a rexedora. 

O novo contrato tamén inclúe a formación para familiares de usuarios e para coordinadores e persoal do SAF, con plans de 30 horas de duración. Os profesionais recibirán nocións sobre as necesidades de atención hixiénico-sanitaria das persoas dependentes ou sobre a mellora das súas capacidades físicas, así como de primeiros auxilios.

Te puede interesar