A Xunta impulsa un plan sectorial para as areeiras

A actuación afectará a 7 millóns de metros cadrados, dos que 4,7 millóns están sen explotar

O Goberno galego aprobará no Consello de hoxe a declaración de supranacionalidade dun proxecto sectorial que permitirá ordenar e planificar a longo prazo os traballos nas explotacións areeiras dos concellos de Sandiás e Vilar de Santos. Deste xeito, dará o primeiro paso na tramitación dunha iniciativa que, segundo o ejecutivo galego, impulsará a actividade das nove industrias mineiras existentes na comarca da Limia, que aportan 240 postos de traballo directos e indirectos e que producen máis de tres millóns de toneladas de areas ó ano.

A actuación da Xunta afectará a unha superficie superior aos sete millóns de metros cadrados, dos que 4,7 millóns de metros cadrados (un 67%) están sen explotar.

O proxecto que impulsa o goberno galego permitirá "planificar unha explotación racional dos recursos, así como unha restauración progresiva dos terreos, recuperando así parte da lagoa de Antela". Así mesmo, o proxecto axilizará os procesos ao unificar as autorizacions administrativas, contribuindo ó mantemento do emprego e ao impulso de novos proxectos.

Unha vez obtida a declaración de incidencia supramunicipal, o proxecto someterase en abril a información pública e de forma paralela, se remitirá á Medio Ambiente, que levará a cabo a tramitación ambiental. Neste proceso o Goberno galego asegura que contará coa opinión dos organismos preceptivos e darse audiencia aos concellos afectados, un procedemento que rematará coa aprobación final por parte do Consello da Xunta.

Con esta medida, o goberno galego afirma apostar "por unha minería sostible e seradora de valor para Galicia, que aposte por investir e crear riqueza en Galicia ao mesmo tempo que respecta o medio natural da Comunidade".

Te puede interesar