AXENDA CULTURAL

A arte da acollida de mascotas

mauro leivas
photo_camera Detalle de"Efímera", obra donada por Mauro Leivas á "AAN in Art".

A exposición "AAN in Art" é un programa da Fundación Artiaga que pretende recaudar fondos para axudar a mascotas necesitadas

Dezaoito artistas de Galicia, Madrid ou Barcelona decidiron doar algunhas das súas creacións para axudar a unha causa solidaria. Estas obras expóñense agora de maneira conxunta baixo o amparo da Fundación Artiaga, co único obxectivo de axudar aos animais domésticos necesitados. A exposición recibe o nome de "AAN in Art" e englóbase dentro do programa AAN (Ayuda al Animal Necesitado), da Fundación Artiaga, e pode visitarse no Centro Cultural Marcos Valcárcel ata o vindeiro 17 de xuño.


"AAN in art"


Esta non é unha presentación artística ao uso: as pezas expostas están a venda "a un prezo inferior ao valor real da obra co obxectivo de recaudar a maior contía de doazóns posibles", explica Xosé Artiaga, responsable da fundación.

Co diñeiro recaudado da venda destas pinturas, fotografías, esculturas ou gravados, poderán axudar aos 60 cans en acollida que na actualidade se atopan nas súas instalacións de Vilagarcía de Arousa. Xosé Artiaga explica que "non damos en adopción, senón en acollida. Se vemos que esa mascota está ben e pasa as revisión veterinarias obrigatorias, pode chegar a estar cunha mesma familia toda a vida, pero o noso seguimento é constante e permanente".

A implicación solidaria deste colectivo vai máis aló de asistir a estes animais. "Tamén prestamos axuda económica a aquelas familias que teñen animais, sobre todo cans e gatos, con enfermidades crónicas e que non poden afrontar o custe do tratamento", conta Artiaga. 

O procedemento para optar a este tipo de axudas é moi sinxelo: "Basta con achegarse ao veterinario habitual ao que leve a súa mascota e explicarlle a súa situación, o profesional ponse en contacto con nós e avaliamos a circunstancia económica para ver se se adapta as nosas condicións", explican desde esta fundación.

"Arte por los animales" é outro dos programas, que consiste en expoñer as obras de autores amateurs  a cambio de acoller a un animal". Tamén existe o Carnet Solidario AAN, cun  20% de desconto en diferentes establecementos, a cambio de axudar a un dos animais de Artiaga. 

Te puede interesar