TEATRO

En defensa das bruxas sabias

Aprendiz de bruxa
photo_camera Ensaio da obra "Aprendiz de bruxa".

No primeiro día da MOTI, o Auditorio acollerá a estrea de "Aprendiz de bruxa", unha obra que a través do xogo e da risa pretende facer unha defensa destas mulleres 

Unhas bruxas ao final do seu camiño irán na procura da súa sucesora, que ten que ser boa e digna. Unha misión que lle encargarán ao seu sobriño, o trasno Damián, que terá que utilizar o libro dos feitizos para conseguilo. Sen embargo, unha maga malvada tratará de roubar o libro para lograr ser a dona do mundo. 

"Aprendiz de bruxa", escrita e dirixida por Elena Seijo, estrearáse o próximo mércores ás 18,15 horas no Auditorio Municipal de Ourense, enmarcada na Mostra de Teatro Infantil de Ourense. 

Os alumnos da aula de teatro infantil do Campus darán forma a unha historia na que as súas protagonistas farán un "empoderamento das mulleres bruxas", según apunta Seijo, que sempre estiveron mal vistas nas historias populares. A través do xogo e cun vocabulario adaptado aos nenos, como explica a directora da obra, os  intérpretes farán unha defensa destas "mulleres sabias", que explica habían collido mala fama e estaban  "fustigadas polos homes porque sabían máis ca eles", di a directora da obra. 

Os máis pequenos descubrirán nesta obra con "moito ritmo e sorpresas,  a unhas bruxas maiores que están perdendo os seus poderes. Ante esta situación, encargan ao seu sobriño que saía na procura da súa sucesora para garantir que sexa unha bruxa boa. 

A "ledicia e o divertimento" unénse nunha obra escrita para os rapaces da aula Geppeto de teatro do Campus, que cada ano estrean unha obra con motivo desta mostra de teatro. 

Inspirada nun conto e a raíz das clases e das sesións de improvisacións nos ensaios, Seijo, escribe esta "divertida historia" que fai defensa destas "sabias". 

Lugar: Auditorio Municipal de Ourense

Fecha e hora: Mércores, 18,15 horas

Te puede interesar