Allariz

A Deputación cede ao concello de Allariz un camión recolector de residuos

Mª Cristina Cid e Manuel Baltar asinando o convenio de colaboración

O convenio, de carácter temporal, realízase para que os veciños manteñan o servizo mentres o concello de Allariz non poida empregar os medios propios

O presidente da Deputación, Manuel Baltar e a alcaldesa de Allariz, Mª Cristina Cid, reuníronse este luns no Pazo Provincial para asinar un convenio de colaboración no que a Deputación cédelle ao concello alaricano o uso dun camión recolector de residuos co fin de que os veciños manteñan dito servizo.


“A Deputación de Ourense está para cooperar cos concellos da nosa provincia e, nesta ocasión, tendo en conta a situación do municipio de Allariz e atendendo a súa petición, o goberno provincial colaborará con el para garantir a prestación deste servizo do cal os veciños alaricanos son os principais beneficiados”, explicou Baltar.


O uso deste vehículo será de caracter temporal, en tanto non poidan empregar os medios propios, xa que o vehículo que viña realizando estas funcións sufriu un sinistro con importantes danos materiais.

Durante a vixencia deste convenio, a Deputación seguirá asumindo os custes relativos ao vehículo, mentres que será operado polo persoal municipal de Allariz.

Te puede interesar