Aberto o periodo para solicitar praza na Escola Infantil de Allariz

Os cativos que poden anotarse na escola infantil para o vindeiro curso son os de idades comprendidas entre os cero e os tres anos. 

As familias interesadas en inscribir aos seus cativos no servizo de Escola Infantil de Allariz para o vindeiro curso escolar de 2022/2023 xa poden remitir as súas solicitudes polas canles oficiais habilitadas. Neste senso e tal e como informaron dende o Consistorio alaricano este martes, o prazo específico para informarse e achegar toda a información estará aberto ata o venres da vindeira semana, día 8 de abril. 

Precisamente, para acceder á información necesaria e facer a reserva das prazas, será preciso que os pais e nais se acheguen ata a propia Escola Infantil, ubicada no número 27 da Rúa Hospital de Allariz, ou contacten telefónicamente no número 988 44 02 19. 

O horario establecido para a atención ás familias interesadas é de 10,00 horas a 11,30 horas e de 14,00 horas a 15,00 horas. Nesta liña, será necesario solicitar cita previa nas franxas horarias mencionadas. 

Para acceder a mais información ao respecto pódese consultar o enderezo web www.igualdadeebenestar.org.

Os cativos que poden anotarse na escola infantil para o vindeiro curso son os de idades comprendidas entre os cero e os tres anos. 

A rede de escolas infantís de Galicia, xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, é un servizo de atención á infancia que procura, ao mesmo tempo, favorecer a conciliación da vida familiar e laboral dos pais e fillos galegos. 

Tal e como puntualizan dende o propio Consorcio, nas aulas das escolas trátase de potenciar valores tales como a tolerancia e o respeto entre os cativos, así como de transmitir valores e habilidades sociais do mesmo xeito que se procura facer no seo familiar.

Te puede interesar