O activista Bernardo Caal deu unha charla en Allariz

Bernardo Caal na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura.
photo_camera Bernardo Caal na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura.

O pasado venres, a Biblioteca Municipal da Casa da Cultura de Allariz acolleu a charla coloquio de Bernardo Caal Xol, activista defensor dos Dereitos Humanos e do Medio Ambiente. 

Bernardo Caal compartiu co público a súa dura experiencia tras ser xulgado e condeado no seu país pola súa defensa dos ríos da comarca de Alta Verapaz. Caal vén de pasar máis de catro anos no cárcere por denunciar os ataques ao medio ambiente de varias empresas hidroeléctricas (algunhas delas españolas) e por sinalar a connivencia do poder político e xudicial guatemalteco nestas accións.

O seu caso recibiu dende os inicios moita visibilidade a nivel internacional, tanto nos medios de comunicación, coma a BBC británica, The Washington Post ou El País en España; como por parte de diversas organizacións que denunciaron as irregularidades do seu xuízo, como Amnistía Internacional, Greenpeace ou a ONU, a través da relatora especial para os dereitos dos pobos indíxenas.

Te puede interesar