Allariz adiantouse ao Apóstolo cunha xuntanza

1658693740036
photo_camera Veciños gozan da cea campestre nos xardíns do museo. (Paula Palomanes)
A media noite tivo lugar a lectura do pregón para conmemorar a data do Día de Galicia

Os alaricanos adiantáronse por unhas horas á conmemoración do día grande de Galicia, o Día de Santiago Apóstol, cunha xuntanza popular nos xardíns do Museo do Coiro. 

Nun espazo engalanado con decenas de bandeiras galegas para a ocasión e nun marco incomparable ao carón do río Arnoia, ducias de persoas disfrutaron dunha cea campestre que comezou ao redor das 21,30 horas e que estivo acompañada pola música do cuarteto De Par en Par. 

Os participantes neste encontro especial puideron degustar polbo e churrasco, á venda no recinto, antes do momento do concerto que ofreceu La Quinkillada. A agrupación, que actuou nas festas de Santa Mariña de Xinzo, chegou onte domingo a Allariz para poñer a súa nota de cor e alegría.  

A media noite tivo lugar a lectura do pregón para conmemorar a data do Día de Galicia. Varios días antes xa se difundira en Allariz o “Bando do Día da Patria” no que “nesta hora de incertezas” animouse aos veciños de Allariz “a desconfinar desexos e proxectos”. Do mesmo xeito, no bando lembrouse a Rosalía e a Castelao, e tamén “á Galiza que constrúen día a día persoas honradas, concellos comprometidos, empresas éticas e mentes sen barreiras”. Por último, animouse aos veciños “a loitar contra o medo e a inseguridade dun tempo no que todo nos quere ser imposto” e a ser “un tsunami de enerxía constructiva”. A festa prolongouse ata ben entrada a madrugada aproveitando o día festivo de hoxe no que moitas personas non terán que traballar.

Te puede interesar