Allariz inaugura hoxe unha mostra sobre Rosalía de Castro

undefined
photo_camera O vinilo identificativo dos locais participantes.
Tamén dende hoxe e ata o domingo, nos 13 establecementos participantes, servirase “Caldo de gloria”, un prato que a propia Rosalía describiu no poema “Miña casiña, meu lar”.

Allariz conmemorará hoxe xoves o nacemento de Rosalía de Castro hai 186 anos. Será cun acto especial no que participará o alumnado dos centros escolares da vila e coa inauguración dun herbario -a escritora citou na súa obra preto de 150 plantas e flores- na Paneira, ubicada na Praza do Concello. Haberá dous actos poéticos e musicais hoxe neste punto -ás 12,00 horas e ás 19,00 horas- protagonizados polo estudantado. Ademais, hoxe e durante toda a fin de semana poderase visitar o herbario de Rosalía -de 12,00 horas a 14,00 horas e de 17,00 horas a 20,00 horas, o sábado; e de 12,00 horas a 14,00 horas, o domingo-. Todas aquelas persoas que se acheguen a visitar a Paneira recibirán como agasallo un marcapáxinas conmemorativo de parte do Concello de Allariz. 

Por outra banda, tamén dende hoxe e ata o domingo, nos 13 establecementos participantes, servirase “Caldo de gloria”, un prato que a propia Rosalía describiu no poema “Miña casiña, meu lar”. Nel explicaba como facer un caldo humilde. Os locais de hostelería que o ofrezan estarán identificados cun vinilo no que se poderá ler que “Aquí hai caldo de gloria”.

Te puede interesar