Allariz investirá 89.000 euros na estrada de Santa Mariña

VISITA OBRAS ESTRADA SANTA MARIÑA ALLARIZ
photo_camera A alcaldesa, Cristina Cid, e o aparellador municipal achegáronse ata a zona a comezos desta semana.
A pavimentación, a adecuación da zona de aparcamento e o arborado ornamental completarán o proxecto que incrementará a seguridade dos peóns na zona. 

A estrada de Santa Mariña, no Concello de Allariz, verá melloradas as súas beirarrúas -na marxe esquerda- grazas a un investimento de 89.000 euros. 

Este proxecto, promovido dende o Consistorio, enmárcase nos acordos de colaboración asinados entre a institución municipal e a Deputación Provincial. 

Concretamente, as melloras consistirán no arranxo das beirarrúas da marxe esquerda á súa entrada a Allariz pola OU-0152. A intervención incluirá a canalización da rede de pluviais na zona, así como o soterramento da comunicación e das redes, algo que permitirá suprimir os postes e cableado das fachadas e beirarrúas. 

Así mesmo a pavimentación, a adecuación da zona de aparcamento e o arborado ornamental completarán o proxecto que incrementará a seguridade dos peóns na zona. 

Cristina Cid, Alcaldesa de Allariz, acompañada do aparellador municipal e dos responsables da execución da intervención achegáronse ata o lugar das obras a comezos desta semana para comprobar o seu estado. En xornadas anteriores informouse aos propietarios da zona das  melloras que se ían a levar a cabo.

Te puede interesar