ANIVERSARIO

Allariz prepárase para celebrar os 700 anos de historia do Boi

<p></p>
photo_camera Francisco García, á esquerda, cos membros da Asociacion Xan de Arzúa, organizadores da Festa do Boi.

Do 10 e o 18 de xuño a vila acollerá carreiras, teatro, actividades infantís, actos populares e moita musica

Allariz xa ten todo prácticamente preparado para celebrar o 700 aniversario da Festa do Boi. O alcalde da vila, Francisco García, xunto cos responsables da asociación Xan de Arzúa, encargados da organización da Festa, presentaron onte a programación deseñada para este ano. Os días grandes da celebración serán os comprendidos entre o 10 e o 18 de xuño, aínda que todos os meses previos e inmediatamente posteriores, haberá actividades paralelas relacionada con esta efeméride.

A0 primeira destas actividades paralelas xa tivo lugar en decembro pasado, coa carreira infantil dos 700 e a carreira solidaria A Derradeira. En febreiro organizouse unha cachuchada, coincidindo co Entroido, en marzo inaugurouse no Museo da Moda a "Expoboi 700 de traxes medievais" e no presente mes de abril haberá o Congreso "Foro Boi 700." Para maio está prevista unha ampla serie de actividades nos centro de ensino, xuño será o mes grande da Festa e para xullo prepárase un curso sobre Danzas gremiais e un encontro de tarascas. A programación paralela pecharase en agosto coa exposición "700 anos de historia ben valen unha festa".

En canto ó programa da festa en sí, abrirase o sábado 10 de xuño, coa chegada dos bois a San Salvador desde Penamá, o trato de boi e a proba. O domingo 11 abrirase o mercado medieval e será día para a procesión do Xan de Arxúa e a carreira medieval do boi, xantar na Barreira, concursos e pasarrúas. No resto da semana iranse sucedendo as carreiras a diario, ás 08,00 e ás 21,00 horas, ata o sábado día 17, que serán ás 13,30 e ás 20,30 horas; e o domingo día 18, que terán lugar ás 13,45 e ás 19,30 horas. O programa da semana está cheo dunha ampla programación de actividades en horario de tarde, fundamentalmente musicais. Resalta o mércores 14 de xuño, un día específico para os nenos, cun espectaculo de monicreques ás 17,30 horas, unha procesión medieval infantil, unha merenda infantil e unha carreira infantil do Boi.

O cartel gañador deste ano foi deseñado polo creador murciano Lucas García, gañador do concurso público, quen explicaba que a imaxe "é básicamente un 700 a primeira vista, pero o que representa é un boi e un sedeño". Novidade é tamén o cambio da cor dos panos que os participantes levan no pescozo, "que este ano muda a o cor verde que representa Allariz", sinalaba o alcalde, Francisco García. Outras novidades deste ano serán unha publicación dos Bolechas e o Boi, un libro sobre Allariz medieval e a inauguración na Alameda dunha escultura de pedra alusiva á festa. O presuposto da Festa ascende a 93.000 euros, sufragados por veciños, comerciantes e hosteleiros.

O alcalde alaricano resaltou o carácter "especial" da Festa, "porque ten moito que ver coa nosa identidade, a nosa tradición e a nosa historia" e fixo fincapé na participación social e a implicacion da xente", ademáis da dinamización económica que representa para a vila.

Te puede interesar