Allariz recibe turistas no festivo

(P.P.)
photo_camera (P.P.)
A conmemoración das Letras Galegas e a ausencia de precipitacións fixo que moitas persoas se achegaran ata a vila alaricana a disfrutar do día festivo. Aínda que algunhas tendas da zona do “outlet” pecharon o luns e outras decidiron facelo este martes, os turistas tamén aproveitaron para facer algunhas compras no casco antigo da vila, xa que a maioría dos establecementos comerciais permaneceu aberta. O Festival de Xardíns recibiu as primeiras visitas.

Te puede interesar