Unha praza da localidade leva dende agora o nome do seu veciño ilustre

Allariz rendiu homenaxe ó profesor Modesto Seara

Modesto Seara e Francisco García descubren a placa cos aplausos de veciños e concelleiros. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O rector das universidades estatais de Oaxaca (México) e unha personalidade mundial no mundo do Dereito, o alaricano Modesto Seara, fillo do último alcalde republicano da localidade (Aser Seara), desprazouse a Allariz para descubrir a placa ubicada nunha nova praza da vila que dende onte leva o seu nome.
O acto, que se fixo coincidir co seu 80 aniversario, foi moi emotivo porque acudiron amigos e membros da súa familia, ademáis das autoridades municipais e de veciños, que aplaudiron a este membro ilustre da súa comunidade. Ás 12 da mañán, recibiu o primeiro agasallo do Concello, no salón de plenos de Allariz e ante un nutro grupo de amigos e familiares, con presenza de cáseque todos os membros da Corporación local. Francisco García, o alcalde, entregáballe unha figura representativa do Boi, que Seara agradeceu, que el agradeceu emocionado.

Despois, todos se trasladaron ata a praza que agora leva o seu nome, nunha zona de nova construcción cuios terreos que precisamente pertenzeron á súa familia, moi perto do centro de día e situada no Camiño Lomberte.

Alí, o alcalde destacaba a extraordinaria traxectoria vital e académica de Modesto Seara, moi satisfeito con este recoñecemento.

Unha representación veciñal e de políticos aplaudiu calurosamente cando Seara e García retiraron a bandeira galega que permitía amosar a placa da 'nova' praza.

Te puede interesar